INFORMACIÓN ADICIONAL (LEXITIMACIÓN ART. 6.1.E REGULAMENTO XERAL DE PROTECCIÓN DE DATOS INTERESE PÚBLICO E O ART. 8 LOPD-GDD)
¿Quen é o responsable do tratamento dos seus datos persoais?
Identidade: MANCOMUNIDADE TERRA DE CELANOVA
CIF: P8202502D
Dirección: ERMIDA, 39 BAJO 32800 CELANOVA (OURENSE)
Teléfono: 988 45 16 46
Enderezo electrónico: recadacion@terradecelanova.es
¿Con que finalidade tratamos os seus datos?
Solicitamos exclusivamente os datos imprescindibles para poder proporcionar os servizos solicitados. O tratamento dos datos de carácter persoal realizarase de acordo ao establecido na Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e demais normativa de aplicación.
¿Por canto tempo conservaremos os seus datos?
Almacenamos os datos durante o tempo necesario para poder cumprir coas obligación legais que encomenda a normativa administrativa, e sempre, cumprindo polo menos co tempo mínimo de conservación da información. De conformidade co regulado no artigo 26 da LOPD-GDD será lícito o tratamento por esta Entidade dos datos con fins de arquivo en interese público, sempre cumprindo coa normativa vixente de arquivos e documentación.
¿Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais?
A base legal para o tratamento dos seus datos é o cumprimento dunha misión que é realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos, de conformidade coa Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común.
¿A que destinatarios comunicaranse os seus datos?
Os datos comunicaranse a outras Administracións Públicas sempre que sexa necesario para cumprir cos fins enumerados anteriormente, sempre que exista normativa legal que o ampare.
Cales son os seus dereitos en relación cos datos facilitados?
Calquera persoa ten dereito a obter información sobre se nesta Entidade se están tratando os seus datos persoais ou non.
As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, ao prazo de conservación dos seus datos, mesmo a obter una copia dos datos obxecto do tratamento.
Así mesmo, ten dereito de rectificación dos datos se son inexactos. (Por exemplo, pode solicitar una rectificación do seu domicilio, un cambio de nome, etc.).
Os interesados teñen dereito á limitación do tratamento, para iso deberán de solicitalo ao responsable, o cal deberá de suspender o tratamento dos datos cando os cidadáns soliciten a rectificación ou supresión dos seus datos, ata que se resolva a súa solicitude.
Os interesados poderán exercer o dereito de supresión (dereito ao esquecemento) sempre que se dean as circunstancias enumeradas no RGPD e segundo o regulado no artigo 15 da LOPD-GDD.
O afectado pode exercer o dereito de oposición ao tratamento, sempre por motivos relacionados coa súa situación persoal, coa excepción do que se acredite un interese lexítimo, ou sexa necesario para o exercicio ou defensa de reclamacións. Igualmente, cando o tratamento teña por obxecto a mercadotécnica directa.
O interesado terá dereito á portabilidad a obter os datos nun formato estruturado, de uso común e de lectura mecánica, e a transmitilos a outro responsable do tratamento cando o tratamento estea baseado no consentimento ou se efectúe por medios automatizados
Os interesados poderán exercer os dereitos enumerados nos parágrafos anteriores, a través dos formularios dispoñibles na sede electrónica desta entidade ou remitindo á mesma un escrito por correo postal.
¿Cando podo exercer o dereito de reclamación ante a Autoridade de Control?
Poderá presentar reclamación ante a Autoridade de Control en materia de Protección de Datos competente, especialmente cando non obteña satisfacción no exercicio dos seus dereitos, mediante escrito dirixido á Axencia Española de Protección de Datos.